Un programa para que ninguén quede fóra
Programa Familias Diversas
A Coruña
Dende setembro de 2020 desenvolvemos en A Coruña un programa accesible e inclusivo para familias, con perspectiva de xénero, diversidade e atención aos coidados.

Cultura, coidados e inclusión
A través da educación non formal e das actividades socioculturais poñemos a cultura ao alcance de persoas de diferentes idades e capacidades.
Actividades socioculturais
Durante o ano escolar facemos clases regulares, obradoiros teórico-prácticos, charlas, concertos e outras actividades para as familias.
Accesibilidade
As propostas aplican principios de socialización, individualización, participación e atención pedagóxica, con interpretación en lingua de signos cando é necesario.
Familias e diversidade
Traballamos con familias en situación de exclusión social, familias racializadas e outras que precisan unha atención especial. Poñemos a vida no centro.
Un espazo para toda a familia
Unha comunidade que coida
O programa pechou 2025 na súa sexta edición, con todas as prazas cubertas nas clases regulares e listas de espera.

O alcance do programa
Datos de 2025
Pasaron máis de 1.000 persoas polas actividades ao longo do ano.
Foron 496 as persoas que estiveron en actividades regulares, as cales foron danzaterapia, ioga e lingua de signos.
No 2026 cambiamos lingua de signos por belas artes e os números medran, más familias, máis alcance para acadar unha sociedade máis inclusiva e coidada.
Queres apoiar unha Coruña inclusiva?
Participa ou colabora
Escríbenos para coñecer as actividades, propoñer unha colaboración ou apoiar o programa.
