As persoas que facemos posible Por Qué No

Somos unha organización pequena, profesional e sostida por persoas comprometidas coa cooperación, a educación e os coidados.

Un equipo diverso e comprometido

A Xunta Directiva naceu da amizade e da experiencia compartida en proxectos internacionais. Máis de 15 anos trabalando no eido da cooperación.
A coordinación en Galicia, o equipo profesional en Guatemala, o voluntariado e as persoas socias traballan como un único equipo (unha pequena familia) para manter os proxectos durante todo o ano.

Tamy, Coordinadora Do Equipo Bolseiro De San Juan La Laguna, Guatemala

Tamy, coordina o equipo bolseiro de San Juan La Laguna, Guatemala

Un equipo diverso e comprometido

A Xunta Directiva naceu da amizade e da experiencia compartida en proxectos internacionais. Máis de 15 anos trabalando no eido da cooperación.
A coordinación en Galicia, o equipo profesional en Guatemala, o voluntariado e as persoas socias traballan como un único equipo (unha pequena familia) para manter os proxectos durante todo o ano.

Screenshot 2026 06 04 21 56 47 811 Com.facebook.katana Edit
Img 20250121 Wa0003 1
Facebook 1780602263525 7468387196313432655

Como nos organizamos

Acompañamos os proxectos desde Galicia e desde o territorio, co protagonismo das comunidades locais e cunha atención próxima.

01

Xunta Directiva

Jorge, Martina, Luis e Marta constitúen a Xunta Directiva e achegan experiencia en cooperación e xestión asociativa.

02

Equipo técnico

Lorena coordina a entidade en Galicia; Margarita Elena coordina os proxectos en Guatemala. Tamy e Mary acompañan os dous grupos de alumnado bolseiro, en San Juan La Laguna e San Antonio Palopó.

03

Voluntariado e rede

O voluntariado, os puntos solidarios, as entidades colaboradoras e as persoas socias fan posible unha actividade constante.

Jorge Rodríguez

O presidente.
Forma parte da Xunta Directiva desde a constitución da entidade.

Martina Ríos

A secretaria.
Forma parte da Xunta Directiva e da historia da organización desde a súa creación.

Luis Gallego

Vicepresidente.
Colabora na dirección e no acompañamento dos proxectos da entidade.

Marta Vázquez

Vogal.
Forma parte da Xunta Directiva e do traballo asociativo da organización.

Lorena Marrozos

Coordinadora.
Leva a xestión das actividades en Galicia e a relación administrativa con entidades colaboradoras e subvencionadoras. Ademais das redes e programas de Guatemala.

Fotos do noso equipo

Nestas fotos podedes ver a Marga, coordinadora en Guatemala, e a Tamy e Mary, responsables dos 2 equipos de alumnado bolseiro.

Img 20260923 Wa0061
Img 20260522 Wa0014
Thumbnail 14
1407529 Mtr 1724441634834851853 Thumbnail

Unha rede que sostén os proxectos

Queres coñecer o equipo?

Podes escribirnos para coñecer mellor a entidade, propoñer unha colaboración ou participar como voluntariado.

Mail: porqueno@ongporqueno.com

+34 698 187 960