Lectura e identidade para un futuro persoal e comunitario.

Fomento da lectura e Escola Impacto

Apoiamos o acceso aos libros e á lectura en escolas e bibliotecas de Guatemala, con especial atención á identidade cultural dos pobos maias.

Img 20200218 Wa0104

Libros, escolas e espazos para ler

A lectura forma parte da educación, do coidado e da capacidade das comunidades para construír o seu propio futuro.

Escola Impacto (MAIA)

A Escola Impacto acolle mozas indíxenas que se formarán para regresar ás súas comunidades con coñecementos, identidade e poder de decisión. En 2025 apoiamos os lotes de libros de lectura para 209 alumnas, cun investimento anual aproximado de 650 €.

Centro Cultural Comunitario

Temos un forte compromiso con este proxecto que comprende biblioteca, ludoteca e espazo seguro de conciliación, ademais de psicoloxía.
Este ano fixemos unha aportación extra a biblioteca coa doazón dos beneficios da nosa Lotería de Nadal.

Biblioteca Municipal de San Juan

Apoiamos a Biblioteca Municipal de San Juan La Laguna, un dos espazos cos que se relaciona o programa de bolsas da entidade.

Ler tamén é coidar

A lectura abre camiños

A Escola Impacto é un espazo de empoderamento feminino, aprendizaxe global e atención á identidade cultural das comunidades maias.

1407529 Mtr 9734452323519333651 Thumbnail

Cultura e educación

A identidade cultural tamén se aprende

Aínda que o tz’utujil é unha lingua recoñecida en Guatemala, o castelán domina o sistema educativo obrigatorio. Apoiar a lectura e as linguas maias é tamén protexer a identidade cultural.
Temos un convenio co Centro de Linguas Maias para ter profesorado nas súas linguas nai.

Queres apoiar a lectura?

Levar libros tamén é cooperar

Podes apoiar os proxectos de educación e lectura a través de Colabora.