Educación e atención a mulleres e infancia que sofren violencia.

Cooperación internacional en Guatemala. Infancia e mulleres

¿Quen Somos?

Un grupo de persoas que as move a xustiza social.

¿Por qué no? nace dunha amizade. A de Martina, Marta, Luis e Jorge, que despois de moitos anos desenvolvendo diferentes proxectos en Kenia, constituímonos como ONGd de maneira oficial o 12 de xuño de 2017.
Nº 2017/021462-1ª do Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia
Nº Inscrición Nacional: Sección 1, nº 616265.

Despois de darlle voltas ao nome e de que non se nos ocorrera ningún, Luis tivo a idea do actual. A verdade é que sempre que nos xuntamos estamos falando de: Por que non facemos un pozo? Por que non comezamos con bolsas universitarias? Por que non mercamos uniformes e calzado para o noso alumnado?
Por que non…

Somos unha organización non gobernamental de desenvolvemento, aconfesional e sen ánimo de lucro, que promove a xustiza social en calquera parte do mundo a través de Proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o desenvolvemento, Sensibilización e Comercio Xusto con enfoque transversal de xénero e diversidade.

Logo Xqn
Logo Web 165

¿Quen Somos?

Un grupo de persoas que as move a xustiza social.

¿Por qué no? nace dunha amizade. A de Martina, Marta, Luis e Jorge, que despois de moitos anos desenvolvendo diferentes proxectos en Kenia, constituímonos como ONGd de maneira oficial o 12 de xuño de 2017.
Nº 2017/021462-1ª do Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia
Nº Inscrición Nacional: Sección 1, nº 616265.

Despois de darlle voltas ao nome e de que non se nos ocorrera ningún, Luis tivo a idea do actual. A verdade é que sempre que nos xuntamos estamos falando de: Por que non facemos un pozo? Por que non comezamos con bolsas universitarias? Por que non mercamos uniformes e calzado para o noso alumnado?
Por que non…

Somos unha organización non gobernamental de desenvolvemento, aconfesional e sen ánimo de lucro, que promove a xustiza social en calquera parte do mundo a través de Proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o desenvolvemento, Sensibilización e Comercio Xusto con enfoque transversal de xénero e diversidade.

Vol

A nosa evolución

264

Soci@s

Persoas asociadas

+76% desde 2016

150 163 191 202 226 240 251 252 256 261 264
2016 2026

40

Becad@s

Alumnado con bolsa de estudos

+264% desde 2018

11 27 33 34 26 24 27 31 40
2018 2026

90

Casa Aq'ab'al

Mulleres que sufriron violencia, atendidas

+718% desde 2018

11 48 65 31 64 61 70 90
2018 2025

496

Programa Familias (A Coruña)

Persoas que pasaron polas actividades do programa

+50% desde 2022

330 460 534 496
2022 2025
Evolución por ano de cada proxecto.
Ano Soci@s Becad@s Casa Aq'ab'al Programa Familias (A Coruña)
2016 150 — — —
2017 163 — — —
2018 191 11 11 —
2019 202 27 48 —
2020 226 33 65 —
2021 240 34 31 —
2022 251 26 64 330
2023 252 24 61 460
2024 256 27 70 534
2025 261 31 90 496
2026 264 40 — —

A educación de calidade como un dereito e as mulleres e infancia, a vida, no centro.

A NOSA VISIÓN

Con todas as nosas actividades tratamos de acadar un modelo de sociedade baseado en:

Img 20260227 Wa0010 1

Desenvolvemento económico e social de forma sostible e equilibrada, respetando as identidades.

Img 20251129 Wa0082 1

Protagonismo das organizacións locais.

Comerciojusto 02

Xestión sostible dos recursos naturais e mellora do medio ambiente.

1774433073940

Erradicación da pobreza, a discriminación e a marxinación.

Img 20250801 Wa0061 1

Logro de niveis de vida digna. Traballo coas familias en situación de vulnerabilidade.

Screenshot 2026 03 20 12 30 55 426 Com.instagram.android Edit

Eixes transversais en igualdade e diversidade. Todas as persoas teñen os mesmos dereitos.

1774433027261

A NOSA MISIÓN

Optamos por un modelo de cooperación que non produza novas dependencias, que consolide ou reforce os procesos de desenvolvemento humano autónomo e sostible, que traballe na medida do posible con organizacións locais, promova a participación de todos os axentes implicados e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Para que todo isto sexa posible, temos claro que debemos ser unha organización autosostible, sen dependencias que, nalgún momento, nos poidan impedir continuar cos nosos proxectos.

¿Onde e en que Traballamos?

O noso traballo realízase en comunidades rurais de Guatemala, aínda que tamén temos colaboracións con outras ONGs, actualmente en Zimbabwe con Fundación Tribu Kifaru, e dende o 2021 tamén na nosa cidade, en A Coruña:

PROGRAMA DE BOLSAS DE ESTUDIO


Bolsas de estudos primarios, secundarios e universitarios en dúas comunidades rurais: San Juan La Laguna e San Antonio Palopó.
Facémolo a través de 2 instrumentos: un de bolsas propias da asociación e outro de apadriña/
amadriñamento.

Actualmente 40 nenas e nenos con bolsa.

ARTESANÍA. COOPERATIVAS DE MULLERES INDÍXENAS ARTESÁS


Temos un forte compromiso co comercio xusto, polo que colaboramos con artesás indíxenas que participan en proxectos de comercio xusto, moitas das cales son nais do noso estudantado bolseiro.

PROGRAMA DE AMADRIÑA/APADRIÑAMENTO


Este programa de bolsas de estudos conecta estudantes que queren estudar e cuxas familias se atopan en situación vulnerable con persoas da nosa comunidade que queren apoiar a súa educación dun xeito máis comprometido e directo.

IDENTIDADE CULTURAL. ESCOLA IMPACTO


Este programa de bolsas de estudos conecta estudantado que quere estudar e cuxas familias se atopan en situación vulnerable con persoas da nosa comunidade que queren apoiar a súa educación dun xeito máis comprometido e directo.

VIOLENCIA CONTRA MULLERES E INFANCIA.
CASA AQABAL


Un proxecto integral de apoio para mulleres sobreviventes de violencia machista e as súas familias en San Lucas Tolimán.

ESPAZO SEGURO.
CENTRO CULTURAL COMUNITARIO


Creado pola asociación catalá Kemonik, a que coñecemos e colaboramos dende hai anos, este lugar conta cunha biblioteca, unha sala de xogos e unha área de psicoloxía. Ubicado en San Lucas Tolimán.

ARTE. COMPAÑÍA DE MONICREQUES CHÚMBALA CACHÚMBALA


Colaboramos con esta compañía co seu Festival Internacional que ela mesma organiza. Ademais lles contratamos obradoiros de formación e algunha sesión no que a arte é ferramenta social.

PROTECCIÓN ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN. FUNDACIÓN TRIBU KIFARU


O traballo desta Fundación, a través do seu presidente, Dani Serralta, é un deses proxectos que nos conecta fortemente coa protección dos seres máis vulnerables. Neste caso, os animais en perigo de extinción, especialmente os rinocerontes.

Trabállase principalmente Zimbabue.

FAMILIAS DIVERSAS. CENTRO SOCIAL A CORUÑA


Na Coruña, traballamos con familias na educación non formal a través de actividades socioculturais.
 
A través do Programa para Familias Accesible e Inclusivo, actualmente na súa sexta edición, facemos que a cultura sexa accesible para todos, independentemente da súa idade ou capacidade.
 
Tamén traballamos con intervención en colexios.

As nosas ideas

Non somos valentes, nin estamos tolas e tolos. Somos peroas soñadoras.
Un día tivemos un soño, e hoxe é realidade. Axudar é demasiado fácil para non facelo.

Jorge

Jorge Rodríguez

Presidente

«Por qué no» significa para min oportunidade. Traballar para ofrecer oportunidades a quen a vida non llas da fácilmente. Oportunidade de conseguir o ben común, a través do apoio mutuo, oportunidade de aprender e medrar, e sobre todo, oportunidade de crer que un mundo máis xusto é posible.

Martina

Martína Ríos

Secretaria e Tesoureira

Non o podería definir mellor que Eduardo Galeano: «Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo».

Luis

Luis Gallego

Vicepresidente

Non pretendo salvar o mundo, só mellorar a vida de algunhas persoas… Oxalá fosen máis.

Marta

Marta Vázquez

Vogal

Galería de Imáxenes

Contáctanos

Dirección

Rúa Ribeira Sacra, 9. Novo Mesoiro. CP 15.190. A Coruña

Envíanos unha mensaxe
porqueno@ongporqueno.com
+34 698 187 960
09.00am – 06.00pm
Nome
Email
Mensaxe
O formulario foi enviado, poñeremonos en contacto contigo!
Houbo un error enviando o formulario, por favor revisa todos os campos.