Artesanía que conecta coas comunidades

Comprar artesanía guatemalteca é apoiar traballo digno, identidade cultural e oportunidades para moitas familias.

O traballo artesanal é a opción de búsqueda de ingresos máis común nas mulleres do rural. É un arte.

Os tecidos como o huipil son patrimonio e revalorizan a identidades das poaboacións maias.

Comercio xusto e traballo digno

Traballamos con cooperativas de mulleres indíxenas artesás de Guatemala, moitas delas nais do alumnado que recibe bolsas. Facemos os pedidos e traemos os produtos para vendelos no local de Novo Mesoiro, en puntos solidarios, nas redes e en eventos.

As vendas permiten comprar e pagar dignamente ás artesás e contribúen a manter o ciclo económico das comunidades. O comercio xusto forma parte da nosa maneira de estar e sentir a cooperación.

Por que mercar artesanía guatemalteca?

Cada peza ten unha historia e unha relación directa co traballo das artesás e das comunidades. É un acto de apoio e xustiza.

01

Prezos dignos

A compra contribúe a que as artesás reciban un prezo xusto polo seu traballo.

02

Produtos con historia

Artesanía téxtil, bisutería, xabóns e outros produtos vinculados ás comunidades coas que traballamos.

03

Un ciclo que continúa

As vendas financian parte do traballo da entidade e abren oportunidades de colaboración dende Galicia.

★★★★★
Skip Testimonial 09

Coñece os produtos

Aquí reuniremos as pezas dispoñibles e os produtos solidarios da tempada. Engadiremos as fotografías reais cando se complete a selección. Os puntos solidarios inclúen espazos en A Coruña, Arteixo, Vilaboa, Carballo, Laracha e Busto (Asturias).

Img 20200223 Wa0019
A 2
Img 20260223 Wa0001
Img 20240802 Wa0022
Img 20240802 Wa0029 1
Img 20260220 Wa0031

Artesanía Guatemalteca

Puntos solidarios e redes

Queres facer un pedido?

Escríbenos ou consulta o Instagram @ongporqueno para coñecer as pezas dispoñibles e os puntos onde podes mercalas.