Artesanía guatemalteca. Apoio á economía local.
Apoiamos a economía local de onde estamos presentes a través de cooperativas de mulleres indíxenas de Guatemala.
Compramos parte do seu traballo para á venda de esta artesanía e outros produtos solidarios no noso territorio.
Artesanía que sostén comunidades
A venda permite comprar e pagar dignamente ás artesás e contribúe a financiar parte dos proxectos da entidade.

01
Cooperativas de mulleres
Traballamos con mulleres artesás de comunidades como San Juan La Laguna e San Antonio Palopó, moitas delas nais do alumnado bolseiro.
02
Prezos dignos
O comercio xusto busca que o traballo artesanal sexa remunerado de maneira digna e que o ciclo económico quede nas comunidades.


03
Produtos con identidade
Artesanía téxtil, bisutería, xabóns, láminas, postais e outros produtos conectan a vida das comunidades coas persoas que colaboran desde aquí.
04
Como colaborar
Podes mercar nos puntos solidarios, no local de Novo Mesoiro, en eventos, por encarga nesta web ou a través das redes sociais.

Coñece, merca e comparte
Cada compra conta
Consulta a páxina de Artesanía guatemalteca para ver os produtos e os puntos solidarios dispoñibles.
