Un lugar seguro para coidar, ler e aprender
O Centro Cultural Comunitario comezou a principios de 2024 en San Lucas Tolimán, preto de Casa Aq’ab’al. Foi creado por Kemonik, unha asociación coa que colaboramos desde hai anos.

+1.200 libros
A biblioteca acadou máis de 1.200 libros ao peche de 2025.
147 persoas usuarias
En 2025 rexistráronse 147 persoas usuarias; o 62 % eran mulleres ou nenas e o 79 % eran nenas, nenos e adolescentes.
22–40 visitas diarias
A ludoteca abre de luns a sábado e recibe cada día entre 22 e 40 nenas e nenos.
Voces das familias
“Gustoume a seguridade do lugar xa que podo deixar os meus fillos sen temor de que lles pase nada.”
Crear lugares libres de violencia
A biblioteca, a ludoteca e a área de psicoloxía forman parte dun espazo seguro para a infancia e a comunidade.

