Sobre nós
O equipo
¿Por qué no? está formado por un equipo multidisciplinar con formación en cooperación internacional, así como unha ampla experiencia en terreo e na xestión de asociacións.
A Xunta Directiva está formada por dúas amigas e dous amigos que colaboraron en varios proxectos en Grecia, Sáhara Occidental, Palestina, Guinea-Bisau, Bosnia e Kenya, e que comparten un obxectivo común: traballar para que outras persoas poidan cumprir os seus soños.
A organización conta con persoal técnico, Lorena Marrozos Cancela como coordinadora da organización, que realiza a maioría das funcións técnicas. Entre outras cousas, é a responsable da xestión do proxecto na Coruña e de todos os aspectos administrativos coas organizacións colaboradoras/financeiras.
En Guatemala, tamén empregamos a tres mulleres con títulos universitarios e formación en ciencias sociais que xestionan metodicamente as súas responsabilidades nos proxectos de cooperación. Margarita Elena (a primeira na foto de abaixo) é a encargada de coordinar todos os proxectos en Guatemala. Tamy e Mary coordinan os dous grupos de alumnado bolseiro, Tamy (esquerda) está en San Juan e Mary (dereita) en San Antonio.
O voluntariado
Son parte fundamental da organización. Somos equipo XQN.
